Esta mañá tivo lugar unha reunión institucional entre Salnés Empresarial e o alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez Gulín, co obxectivo de presentar oficialmente a asociación e expoñer as súas principais liñas de actuación na comarca.
Participaron no encontro o presidente da entidade, Jesús Rey Rodríguez, e o secretario da asociación, F. Javier Costa Pérez. Durante a xuntanza, abordáronse os fins fundacionais da entidade: o impulso ao tecido empresarial, a defensa dos intereses de pemes e autónomos, e a promoción da competitividade e cooperación entre empresas.
O rexedor mostrou interese en que Salnés Empresarial colabore activamente coas asociacións locais de hostalería e comercio, resaltando a importancia de reforzar o tecido asociativo e crear sinerxías que impulsen o desenvolvemento económico e social do municipio.
Desde a asociación destacouse que varios dos seus socios xa desenvolven actividade en Caldas, incluído o propio presidente, o que reflicte o compromiso coa economía local.
Un primeiro encontro moi positivo, que dende Salnés Empresarial confían que marque o inicio dunha relación sólida e produtiva en favor do empresariado local.
#SalnésEmpresarial #CaldasDeReis #EmpresariadoGalego #TecidoEmpresarial #Pemes #Autónomos #DesenvolvementoLocal