Sanxenxo viviu este sábado unha tarde chea de emoción e música cofrade coa celebración do IV Certame de Bandas de Cornetas e Tambores, que reuniu a máis de 80 músicos na Praza Pascual Veiga, coincidindo co X ANIVERSARIO da Banda da Confraría do Nazareno e Santo Sepulcro.
A banda anfitrioa contou coa compañía da:
• Banda de Gaitas e Tambores Vides Novas (Poio)
• Banda Santiago CC.TT (Santiago de Compostela)
O certame, presentado por Carla Rodiño, deu comezo ás 17:45h, cunha gran acollida por parte da veciñanza e co presenza de autoridades e representantes das confrarías, tras unha tregua da chuvia.
Durante o acto, Abelardo Rodiño dedicou un emotivo recoñecemento aos directores da banda:
🎖 Antonio Blanco (Arcade)
🎖 Rubén García (Poio)
Pese a non ter outro vínculo con Sanxenxo que a música cofrade, a súa dedicación e entrega durante estes 10 anos foi aplaudida entre bágoas e emoción polos presentes.
Tamén houbo palabras de agradecemento para Paz Lago, quen foi concelleira de Cultura entre 2015 e 2023, destacando a súa implicación e apoio institucional durante eses 8 anos de colaboración coa banda e a Semana Santa.
A música, a emoción e a tradición voltaron a unir a Sanxenxo nunha tarde para lembrar.
💜🥁