A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar do Salnés Sur (UDIAF-Salnés Sur) prestou atención ao longo de 2024 a 144 familias dos concellos de Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia e Sanxenxo, cun total de 4087 prestacións asistenciais personalizadas.
Esta mañá, a coordinadora do servizo, Eva Fernández, foi recebida polo alcalde de Cambados, Samuel Lago, para facer balance do traballo realizado e avanzar na colaboración institucional.
Na súa sede de Cambados, coñecida como a Casa Azul, atendéronse 36 familias ao longo do ano, mantendo intervención regular semanal con arredor de 20 familias.
Este espazo foi cedido gratuitamente polo Concello e é compartido coa asociación BATA, nun convenio mediante o cal o Concello acondicionou o exterior e BATA encargouse do interior.
A UDIAF forma parte da Rede Galega de Atención Temperá, dentro dun proxecto da Asociación Galega de Atención Temperá subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.
Os principais motivos de atención foron:
• Retrasos evolutivos e problemas sindrómicos
• Dificultades na linguaxe e fala
• Problemas de conduta e atención
• Tamén se trataron aspectos emocionais, sensoriais, motrices, cognitivos e de hábitos
A idade media dos nenos/as atendidos foi de 3,1 anos.
A distribución por concellos das familias foi a seguinte:
📍 Sanxenxo: 33,8%
📍 Cambados: 19,3%
📍 O Grove: 16,9%
📍 Meaño e Meis: 10,8%
📍 Ribadumia: 8,4%
O equipo está formado por:
2 psicomotricistas, 1 psicóloga, 1 logopeda e 1 auxiliar administrativo.
A valoración das familias foi altísima, cunha nota media de 4,89 sobre 5 nas enquisas anónimas cubertas por máis da metade das persoas usuarias.
O servizo é público, gratuíto e próximo ás familias.
Pódese contactar en:
✉️ salnessur@atenciontemprana.com
📞 886 208 275
Horario de atención en Cambados:
📍 Rúa Os Pazos nº10
🕗 Martes e xoves de 8:00 a 15:00 h